Fundado no ano 1987 por un grupo de amigos, que coa axuda da Asociación de Pais de Familia da Parroquia Sta. Eulalia de Arealonga de Vilagarcía,
conseguen levar a cabo os seus obxectivos: dar a coñecer a música tradicional de Galicia e divertirse interpretando o seu propio estilo musical.
Nos seus comezos o grupo foi dirixido artisticamente por Ramiro e Iglesias e tamén formaban parte do mesmo, Julio García, Josito Porto, Alberto Arines,
Manuel Bueno e José Manuel Mariño, que tiveron que deixar o grupo por motivos persoais e ou profesionais, pero que seguen colaborando moi activamente connosco.
Os músicos
Está formado por sete compoñentes que son os que seguen:
Manolo Romero, tamboril.
Ángel Paz, bombo.
Eduardo Bueno, gaita.
Jesús García, gaita e pandeireta.
José Luis Rey, gaita.
Ricardo García, gaita.
Durante a súa andaina musical, realizaron varios cursos de interpretación, tanto para gaita como para percusión.
A nosa andaina
Cabe destacar o gran número de actuacións realizadas na nosa comunidade, tanto en romarías como en festas populares,
así como en actos oficiais organizados por distintos estamentos como: Xunta de Galicia, Deputación Provincial, diversos Concellos e Comisións, etc.,
asistindo en moitas delas ano tras ano, entre outras: Festa dos Cogomelos, Festa dos Maios, Festa da Camelia, Romaría de Unicef, Roteiro Marítimo Fluvial Xacobea, etc.
Dende hai varios anos, tamén acoden aos aperitivos que se organizan nas Adegas e Restaurantes da zona, con motivo dos Enlaces Matrimoniais.
Así mesmo tamén destacamos a presenza do grupo en dous cumes de Ministros de Pesca da CEE, na Recepción aos regatistas olímpicos de vela, coa presenza da Infanta Dna. Cristina,
na regata de vela Cutty Shark, nunha convención do Pen Club Internacional, etc.
E sobre todo a colaboración que manteñen co Concello de Vilagarcía de Arousa nos actos culturais e festas que organizan.
Ferramentas
Todos os instrumentos que utilizan foron realizados por artesáns de Galicia: Carracedo, García Riobo, Carlos Galbán, O Chilro, etc.
Os traxes empregados nas actuacións son todos de gala e pertencen a distintas comarcas de Galicia, respectando en todo momento a súa indumentaria, neste tema fomos
asesorados por Milagros Zaragoza de Musical Duende.
Defenden ante todo o folclore tradicional de Galicia sen usar motivos ou aspectos que poidan, dalgunha maneira alteralo.
Que facemos
Realizamos actuacións de todo tipo: Romarías, Pasarúas, Procesións, Festivais, Festas populares, Celebracións familiares, Actos oficiais, Vodas, etc.
Pezas a interpretar
Na súa maior parte recollidas na Comarca e arranxadas polo grupo: muiñeiras, xotas, pasacorredoiras, marchas procesionais, polkas, mazurcas,
pezas populares e por suposto o Himno Galego e o Himno do Antigo Reino de Galicia.
Contacta connosco
Se queres poñerche en contacto connosco para contratarnos ou para pedirnos máis información:
Grupo de Gaitas Froallo Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
Tlfs.: 625 02 75 47 - 635 82 10 19 info@froallo.com