A nosa andaina
Cabe destacar o gran número de actuacións realizadas na nosa comunidade, tanto en romarías como en festas populares, así como en actos oficiais organizados por distintos estamentos como: Xunta de Galicia, Deputación Provincial, diversos Concellos e Comisións, etc., asistindo en moitas delas ano tras ano, entre outras: Festa dos Cogomelos, Festa dos Maios, Festa da Camelia, Romaría de Unicef, Roteiro Marítimo Fluvial Xacobea, etc.
Dende hai varios anos, tamén acoden aos aperitivos que se organizan nas Adegas e Restaurantes da zona, con motivo dos Enlaces Matrimoniais.
Así mesmo tamén destacamos a presenza do grupo en dous cumes de Ministros de Pesca da CEE, na Recepción aos regatistas olímpicos de vela, coa presenza da Infanta Dna. Cristina, na regata de vela Cutty Shark, nunha convención do Pen Club Internacional, etc.
E sobre todo a colaboración que manteñen co Concello de Vilagarcía de Arousa nos actos culturais e festas que organizan.